Escola de Barbiana. Carta a unha profesora, con epílogo de Carmen Betti (Tradución de Carlos Acevedo), KalandraKa, Pontevedra, 2019
Carta a unha profesora foi o sorprendente texto escrito por nenos, nenas e adolescentes dunha escola rural italiana entre 1966 e 1967, para denunciar a selectividade social que impón un modelo de educación clasista e conservadora. Foi escrita desde unha escola promovida e xestionada por Lorenzo Milani, adiantado referente do catolicismo social. A mensaxe da Carta recorda ao Balbino de Memorias dunneno labrego, o «ninguén» que da man de Neira Vilasdenunciaba a mala escola e os profesores autoritarios. A Carta converteuse axiña en lectura de cabeceira de moitos mestres e mestras.
Unha escola que selecciona destrúe a cultura. Aos pobres quítalles o medio de expresión.Aos ricos quítalles o verdadeiro coñecemento das cousas.Gianni é un desgraciado porque non sabe expresarse,pero afortunado porque pertence ao gran mundo. Irmán de toda África, Asia e América Latina. Coñecedor por dentro das necesidades da maioría.
A autora do epílogo de “Carta a unha profesora” é Carmen Betti, catedrática de Historia da Educación da Universidade de Florencia e unha prestixiosa académica que publicou varios traballos sobre a figura de Milani.